Segundo o grao de elaboración, ou o que é o mesmo, o grao de complexidade tecnolóxica do proceso aplicado, en orde crecente, resulta a seguinte clasificación:

Áridos:
Son produtos granulados, de diferentes tamaños de gran, cun amplo campo de aplicación no mundo da construción. En realidade, trátase dun subproduto que procede do material non aproveitable da canteira, polo que a súa utilización como material de construción constitúe unha ferramenta moi eficaz na conservación do medio.

Productos Artesanais:
Constitúen unha ampla gama de produtos tradicionais, como son o perpiaño, bordos ou lastras en basto, cachotes, pedras de cantaría, pedras de cantaría pequenas, etc., que, en xeral, elaboran os canteiros á man coa axuda de sinxelas ferramentas.


Productos serrados y cortados:
O bloque de granito é serrado no tear e, nunha soa operación, transfórmase en pranchas de caras paralelas e de espesor maior ou igual a 20 cm.
Os produtos serrados procedentes do taboleiro son os característicos de revestimento, isto é placas para fachadas, baldosas, chanzos, rodapés ou mesado.

placas para fachadas
chanzos
baldosas
mesado

Outros produtos serrados con esta tecnoloxía son os que, antigamente, só se obtiñan artesanalmente e que hoxe permiten elaborar perpiaños, columnas, linteis ou doelas unha precisión imposible de igualar por un artesán.

Productos torneados e baleirados:
Determinados productos serrados pueden alcanzar un grado de elaboración mayor al ser sometidos a técnicas de torneado y/o vaciado. En ambos os dous casos é habitual o uso do control numérico e de distintos útiles diamantados. Os produtos obtidos poden ser ustes, capiteis, balaústres e distintos elementos decorativos.


Productos compostos:
Para resolver problemas de fixación do granito en revestimentos exteriores e interiores, estanse a desenvolver diferentes produtos híbridos compostos polas propias placas de granito e outros materiais, como a malla ou a perfilaría de aceiro inoxidable.


AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -