AS SÚAS ORIXES
Baixo a denominación xenérica de granito, inclúense un conxunto de rochas cristalinas cuxa formación se debe ao arrefriamento lento dun magma, en estado líquido, procedente do núcleo da terra. A xénese destas rochas en si mesma confírelles a estes materiais unhas calidades excepcionais, tanto dende o punto estético como tecnolóxico.

La génesis de estas rocas, en si misma, confiere a estos materiales unas cualidades excepcionales tanto desde el punto estético, como tecnológico.


A SÚA COMPOSICIÓN
As denominadas rochas graníticas están constituídas por unha ampla gama de especies minerais diferentes.

Baixo o nome comercial de granito, inclúese unha gran variedade de rochas, con denominacións petrográficas específicas segundo as características e porcentaxes dos minerais que as constitúen. As máis coñecidas son: o granito, a sienita, a diorita, o gabro, o labrador, etc.


AS SÚAS CARACTERÍSTICAS
Características físicas

.
Densidade aparente:
a densidade aparente dos granitos é moi variable segundo o tipo considerado. Normalmente alcánzanse valores superiores a 2,6 t/m3, e os de maior densidade son os denominados granitos negros. Estes valores indican, xa de por si, que se trata dun material de construción con excelentes prestacións.
     
.

Absorción de auga a presión atmosférica:

a absorción de auga nos granitos é máis ben reducida, con valores, en xeral, inferiores ao 0,6%, o que implica, xeralmente, un bo comportamento fronte ao xeo e un baixo custo de mantemento.

     
.
Comportamento fronte ao xeo:

en consonancia coas súas características físicas, os granitos adoitan ter un excelente comportamento fronte ás xeadas, mesmo en zonas cunhas condicións climáticas extremas.

Características mecánicas

.
Resistencia á comprensión:

os granitos son rochas que resisten moi ben os esforzos de compresión, con valores que superan amplamente os do formigón.

     
.
Resistencia á flexión:

a contía da resistencia do granito á flexión permite, hoxe en día, elaborar pezas de reducido espesor para aplicacións tan dispares como pavimentos, placas de revestimento, linteis, etc.

     
.
Resistencia ao impacto

a resistencia ao impacto dos granitos é bastante elevada, polo que resultan moi axeitados para o seu uso en pavimentos ou zócolos onde o risco deste tipo de acontecementos é maior.

Características construtivas

.
Resistencia ao desgaste:

a resistencia ao desgaste dos granitos é a capacidade de non perder masa por fricción. En comparación con outras rochas ornamentais, o granito posúe un alto grao de resistencia ao desgaste polo seu contido de cuarzo.

     
.
Traballabilidade:

a traballabilidade indica a capacidade dunha rocha de adoptar a forma, dimensión e rematado superficial que se desexe. O granito, por homoxeneidade da súa estrutura cristalina, acepta calquera forma e un amplo abano de dimensións.

A SÚA EXTRACCIÓN

Tradicionalmente, o granito extráese en canteiras a ceo aberto mediante corte con fío diamantado, rozadoiras de brazo e de disco. Isto supón a creación de bancos sucesivos e descendentes, chamados bancadas.

O control de calidade do granito empeza na canteira.

Por termo medio, un 25% do granito removido é comercializado en forma de bloque. As pezas que presentan algunha impureza son apartadas para unha segunda proba de calidade. Aqueles bloques que aparecen lixeiramente fracturados divídense para obter perpiaños, bordos ou lastros.


AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -