Sexa cal sexa o produto final do granito, máis ou menos elaborado, pódeselle dar un acabado en superficie con distintas características de aspecto.

Os acabados superficiais máis habituais que se utilizan hoxe en día son os seguintes:

.
Serrado:

acabado uniforme, liso e mate, cun aspecto algo esvaecido.

 

.
Apomazado:

tratamento superficial con moa de carborundo que proporciona unha superficie lisa e mate. Dependendo de cal sexa a granulometría da moa utilizada, pódense obter diferentes rugosidades superficiais, o que resulta moi interesante á hora de conseguir que un pavimento sexa seguro fronte ao esvaramento.

.
Pulido:

é o acabado máis lustroso. A superficie queda totalmente plana, lisa, brillante, cos grans acusados e o ton algo escuro e contrastado.

.
Flamexado:

superficie moi rugosa, de aspecto vítreo, cunha tonalidade máis viva có serrado, pero sen chegar ao contraste do pulido. Este tratamento conséguese utilizando unha lanza térmica que dá lugar ao desprendemento de materia na superficie do granito.

.
Abuxardado:
Acabado rústico. rematado rústico. A buxarda, manual ou pneumática, presenta diferentes números de dentes, en proporción inversa ao grao de rugosidade desexado.

Ademais, actualmente, trabállanse acabados máis innovadores, como o lavado ao ácido.


AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -