PROGRAMA DE CAPTACIÓN E FORMACIÓN DE PROFESIONAIS ESTRANXEIROS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA ESPAŃOLA

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) inicia, a partir do 16 de novembro, o período de inscrición no :
PROGRAMA DE CAPTACIÓN E FORMACIÓN DE PROFESIONAIS ESTRANXEIROS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA ESPAÑOLA- PROPEX 2008.
Este programa ten como obxectivos:
- O obxectivo fundamental do programa é a captación e formación de titulados estranxeiros en fase inicial ou intermedia de desenvolvemento profesional, en diante novos profesionais, que poidan incorporarse aos plans de internacionalización de empresas españolas, dotándolles dun coñecemento amplo tanto da empresa á que se vai a incorporar e dos seus procedementos, como da realidade económica e social española e do noso idioma.
- En 2008, o ICEX ofrece a posibilidade de captar e formar a 60 titulados estranxeiros en fase inicial ou intermedia de desenvolvemento profesional, procedentes de China, India, Corea do Sur, Xapón, Estados Unidos, Bulgaria, Rumania, Polonia, Republica Checa, Rusia, Turquía, Marrocos e Alxeria que apoien os procesos de internacionalización de empresas españolas.

Respecto das edicións anteriores introdúcense as seguintes novidades:
- Incorporación ao programa dos seguintes países: Alxeria, Corea do Sur, Polonia e Republica Checa.
- A cofinanciación do custo proceso de selección entre a empresa e ICEX.

O programa de formación na empresa terá unha duración máxima de cinco meses e articúlase mediante as seguintes etapas:
- Un proceso de selección de empresas e mozos profesionais.
- Un período de formación previa.
- Unha fase de formación na empresa seleccionada, que permitirá o coñecemento da estrutura e procesos da empresa tendente á posterior incorporación na mesma no país obxectivo e de orixe do mozo profesional. Esta fase terá unha duración mínima de tres meses e máxima de cinco e levará a cabo integramente en España.

O programa está dirixido ás empresas que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar constituída en España.
- Ter elaborado un plan de internacionalización exterior e presenza en calquera dos mercados obxectivo do programa.
- Elaborar un plan de actividades e formación para o mozo profesional estranxeiro durante as prácticas que se realizarán obrigatoriamente en España.

A información detallada sobre o Programa e o correspondente formulario de inscrición atópanse dispoñibles en http://www.icex.es/bolsas .

Calquera consulta será atendida a través do teléfono 902 349 000 de 8 a 20 h. de luns a venres non festivos ou da dirección de correo electrónico: bolsasicex.é

O prazo de inscrición finaliza o próximo 11 de xaneiro de 2008.

A A.G.G. SOLICITOU, UN ANO MÁIS, O PLAN FORMATIVO GRATUITO ORIENTADO A EMPRESARIOS E TRABALLADORES DO SECTOR
Dentro da convocatoria de subvencións para formación da Xunta de Galicia, un ano máis a Asociación solicitou un plan formativo composto de 35 accións para desenrolar no sector graniteiro orientado a empresarios e traballadores.


AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -