A AGG ten como obxectivos principais defender os intereses dos seus socios e potenciar o desenvolvemento do sector graniteiro galego no ámbito nacional e internacional.

Os nosos obxectivos defínense a través das nosas principais áreas de traballo.

Dentro da MERCADOTECNIA SECTORIAL, os nosos obxectivos son:

.
Recompilar información sobre o sector mundial do granito.
.
Actuar sobre os nosos prescitores co Programa PRM
.
Potenciar as accións dirixidas ao consumidor final

En relación co MEDIO, os nosos esforzos céntranse en:

.
Potenciar o Plan de xestión das serraduras do granito.
.
Xestionar proxectos ambientais coa Xunta de Galicia.

En materia de PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, a AGG intenta:

.
Xestionar unha política sectorial de prevención.
.
Poñer en funcionamento o Comité Técnico de Prevención.

No terreo de INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA, perséguese:

.
Xestionar o correcto funcionamento do Centro Tecnolóxico do Granito.
.
Fomentar os proxectos de investigación das empresas do sector.
.
Poñer en marcha as estratexias de benchmarking tecnolóxico.
.
Realizar informes periódicos sobre o sector a través do Observatorio Sectorial.

Na área INSTITUCIONAL, a AGG promove:

.
Transmitir e defender os intereses das empresas graniteiras en todos os foros públicos e privados.
.
Articular plans de acción que combinen axeitadamente os obxectivos do sector coas políticas públicas nos diferentes aspectos relevantes para a actividade empresarial graniteira.

AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -