A Asociación Galega de Graniteiros nace co firme propósito de incrementar a eficacia das súas empresas asociadas.

Está concibida como unha organización para a xestión, fomento, defensa, coordinación e representación dos intereses xerais e comúns do sector empresarial do granito, ou dos sectores ou actividades afíns ou relacionadas co devandito sector.

As súas actividades veñen definidas pola conveniencia ou necesidade dunha actuación conxunta naqueles eidos nos que as empresas, individualmente, non poden levar a cabo con éxito certas accións, ou estas se logran a un elevado custo; pero, en todo caso, absterase de intervir naquelas cuestións que afecten internamente as empresas asociadas, que conservarán a súa plena autonomía e independencia de xestión.




AGG | ASOCIADOS AGG | NOSO PRODUTO | PRENSA | PUBLICACIÓNS | FORMACIÓN | OFICINA TÉCNICA
© 2005. Asociación Galega de Graniteiros
Centro Tecnológico do Granito - Rúa Ribeira, s/n Torneiros, O Porriño, 36410, Pontevedra. Tel. 986 344 043 - Fax 986 338 654
- Aviso Legal - Créditos -