Os nosos grandes eixes estratéxicos defínense en seis áreas de traballo diferenciadas.
MERCADOTECNIA E PROMOCIÓN SECTORIAL
A mercadotecnia é un dos aspectos cruciais na estratexia de diferenciación do granito elaborado en Galicia. Neste sentido, a AGG puxo en marcha o PRM, un plan de actuación sobre os prescritores do granito para que estes promovan nos seus proxectos o uso do granito elaborado en Galicia.
Dentro da mercadotecnia sectorial, distinguimos:
. |
Mercadotecnia técnica: |
O seu obxecto é promover a esixencia de aplicación das normas, impulsar a homologación de produtos, formar profesionais da construción nos usos e aplicacións do granito, etc. |
. |
Mercadotecnia de información
de mercados e estratexia: |
Baséase en analizar as tendencias dos mercados, levar a cabo unha vixilancia tecnolóxica, comparar o sector galego co do resto do mundo, etc. |
. |
Mercadotecnia de
comunicación e promoción: |
Consiste en realizar campañas publicitarias de apoio ao sector, formar na opinión pública unhas boas prácticas na aplicación do granito, etc. |
MEDIO
A conservación do medio é unha das maiores preocupacións da AGG. A Asociación Galega de Graniteiros realiza estudos ambientais periódicos dirixidos a reducir e facer desaparecer os problemas derivados da extracción do granito.
I+D+i
As actividades de I+D+i considéranse esenciais para diferenciar os produtos galegos dos elaborados noutros países. O custo destas actividades resulta difícil de asumir de forma individual polas empresas, por iso a AGG puxo en marcha un Plan de actuación no Centro Tecnolóxico do Granito e o Observatorio Sectorial.
RECURSOS HUMANOS
A AGG preocúpase polos traballadores das empresas asociadas, prestando especial atención á prevención de riscos laborais.
COMUNICACIÓN
A AGG céntrase en divulgar e posicionar o sector do granito axeitadamente nos diferentes ámbitos de comunicación: institucionalmente, preténdese identificar o sector con conceptos como innovación, dinamismo empresarial e liderado sectorial. Cara a públicos máis específicos, a política de comunicación da asociación pretende servir de apoio ás estratexias de mercadotecnia e promoción que se deseñen para estes profesionais.
INSTITUCIONAL
Esta área de traballo ten por finalidade ocuparse de coordinar a presenza da asociación en todos os organismos e institucións, para conseguir unha axeitada representación dos intereses das empresas asociadas.
XUNTA DIRECTIVA
. |
Presidente: |
D. Fernando Varela Fariña (GRALICIA PEDRA ELABORADAS, S.L.) |
. |
Vicepresidentes: |
D. Gumersindo Alonso Gestos (GRANITOS DE ATIOS, S.A.) |
. |
Vocais: |
D. Agustín Beiro Iglesias (EUROROCA, S.A.)
D. Rubén Rigueira (EUROBANDAS, S.A.)
D.José Luís Heitzmann Fernández (R.E.C.S.A)
D. Victor Jauregui (PAVESTONE, S.L.)
D.Gabriel Miguel (LEVANTINA Y ASOCIADOS, S.A.) |
. |
Secretario Xeral: |
D. José Ángel Lorenzo Ramírez |
ORGANIGRAMA (clic para ver Composición) |